PENDENTES 2018/19


MATERIAS PENDENTES DAP CURSO 2018-19


EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL DE 1º ESO

Profesora responsable: Teba Argiz Romaní

Os alumnos interesados en recuperar a materia deberán realizar un exame práctico e presentar as láminas incluídas no caderniño que deberán fotocopiar en consexería.
Para a realización das mesmas deben seguirse estrictamente as instrucións que figuran na portada de dito caderniño así como as que se especifican en cada unha das láminas.

As datas de revisión e entrega de láminas serán as seguintes:
- Revisión inicial de láminas, de 1 a 6 inclusive : XOVES 17 DE XANEIRO no 2º recreo.
- Revisión final de láminas, de 7 a última: XOVES 16 DE MAIO no 2º recreo.
- Entrega final de láminas e realización do exame final: MARTES 28 DE MAIO ás 16.30.


EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL DE 3º ESO

Profesora responsable: Carolina Miraz Díaz

Ao alumnado coa materia pendente entregaráselle un cartafol cos traballos que deberán entregar realizados nas seguintes datas:
1ª entrega: mércores 16 de xaneiro no 1ºrecreo. Aula de debuxo técnico.
2ª entrega: mércores 8 de maio no 1º recreo. Aula de debuxo técnico.


A data do exame será o mércores, día 15 de maio, as 16,30.

Para cada un dos traballos entregaranse adxuntos apuntes explicativos para ler e guiarse por eles na realización das actividades.

DEBUXO ARTÍSTICO Iº BAC

Profesora responsable: Laura Molina Martínez-Risco

Os alumnos interesados en recuperar a materia deberán realizar dous exames prácticos parciais e presentar os traballos que especificados na documentación que poderán recoller en conserxería.
Para a realización dos mesmos deben seguirse estrictamente as indicacións que figuran en dita documentación.



As datas de revisión e entrega de láminas serán as seguintes:


- Revisión inicial da primeira parte dos traballos: MARTES 8 DE XANEIRO no 1º recreo.
- 1ª Entrega parcial de traballos e realización do 1º exame: MARTES 15 DE XANEIRO ás 16.30.


- Revisión final de traballos: MARTES 30 DE ABRIL no 1º recreo.

- 2ª Entrega parcial de traballos e realización do 2º exame : MARTES 7 DE MAIO ás 16.30.


DEBUXO TÉCNICO 1º BAC

Profesora responsable: Carolina Miraz Díaz

Ao alumnado coa materia pendente entregaráselle un cartafol coas actividades que entregarán periodicamente ó longo do curso.

Haberá dous exames con datas: 4 de decembro e 24 de abril.

CULTURA AUDIOVISUAL 1 BAC

Profesora responsable: Isabel Aller Areas

Entrega de trabajos CAU: Miércoles, 20 de marzo de 2019. Examen CAU: 24 abril 2019.

Os alumnos/as de Bacharelato coa Cultura Audiovisual pendente, deberán presentar os seguintes traballos nun pendrive na data proposta á profesora da materia (Isabel Aller Arenas). En caso de ter dúbidas, os interesados poden vir en recréos para solucionalas ou para solicitar información (recomendacións de libros, apuntamentos, páxinas web…). En conserxería hai un cartafol con apuntamentos. Si tenéis dúbidas á hora de facer algún traballo, podedes fotocopiar os apuntamentos. Hai 5 temas. A composición audiovisual. A imaxe. A composición. A fotografía (aquí pódevos interesar á hora de facer as fotos en manual as partes 2 e 3). A imaxe en movemento; o cine (veñen tipos de planos e angulaciones e tamén cousas sobre movementos de cámara). Pódevos interesar para facer as fotografías e o vídeo ou stop motion.

TRABALLOS:

1- Realizar un traballo que se pode presentar en presentación power point ou en PDF explicando as características dos distintos tipos de plano e angulacións con, polo menos, 3 fotos de cada un realizadas polo alumno/a (non valen fotografías de internet ou similar).
1.1-TIPOS DE PLANO: gran plano xeral, plano xeral, plano americano, plano medio, primeiro plano, primerísimo primeiro plano e plano detalle. O traballo terá unha portada cos datos do alumno/a e as fotos estarán debidamente identificadas.
1.2- ANGULACIÓN: ángulo normal ou medio, picado, contrapicado, cenital, nadir.

2- Realizar un traballo que se pode facer en presentación power point ou en PDF explicando as características das regras de ouro da fotografía, con polo menos 3 fotos de cada unha realizadas polo alumno/a (non valen fotografías de internet ou similar). Información na páxina do blog http://culturaaudiovisualadormideras.blogspot.com.es/p/fotografias.html

3- FOTOGRAFÍA MANUAL. Realizar un traballo nunha presentación en power point ou un arquivo PDF explicando o que é a velocidade de obturación e a profundidade de campo.
-REALIZACIÓN DE POLO MENOS 4 FOTOS QUE MOSTREN MOVEMENTO CONXELADO.
-REALIZACIÓN DE POLO MENOS 4 FOTOS DE EXPOSICIÓN PROLONGADA.
-REALIZACIÓN DE 3 FOTOS DO MESMO MOTIVO CON DIAFRAGMA ABERTO CAMBIANDO O PLANO DE ENFOQUE.
-REALIZACIÓN DE POLO MENOS 6 FOTOGRAFÍAS DO MESMO MOTIVO, DESDE A MESMA POSICIÓN E COA MESMA DISTANCIA FOCAL, PERO VARIANDO O DIAFRAGMA (Que se aprecie como se vai enfocando cada vez máis espazo a medida que pechamos o diafragma). http://culturaaudiovisualadormideras.blogspot.com.es/p/fotografias.html

4- Traballo sobre o artista Chema Madoz. Buscar información por internet, falar das súas orixes, a súa forma de traballar e da súa obra. Non se trata de pegar e copiar da Wikipedia. Visitade varias páxinas (ten páxina propia), buscade entrevistas en youtube , (podédelas incluír mediante un enlace). Engadide unha opinión persoal. Importante a bibliografía.

5- Traballo sobre os movementos de cámara e as súas funcións.

6- Realización dun vídeo ou un stop motion, aplicando o aprendido en canto a tipos de planos, angulación e movementos de cámara. As imaxes deben ser gravadas por el propio alumno e editadas en movie maker ou similar. Debe incluír son e títulos de crédito. http://culturaaudiovisualadormideras.blogspot.com.es/p/manuais-e-instrucións.html http://culturaaudiovisualadormideras.blogspot.com/p/stop-motion.html


IMPORTANTE:
-As fotografías en todos os traballos (non só nos de foto manual) deberán estar ENFOCADAS, BEN EXPOSTAS, CUN ENCADRE “REFLEXIONADO” E TENTANDO NON REPETIR SEMPRE O MESMO TEMA Ou MOTIVO.

-Ademais de incluílas nas presentacións de power point, todas e cada unha das fotos deberán estar nun cartafol no pen drive, debidamente clasificadas por cartafoles e temas, nun formato que permita á profesora acceder á información de cada unha das imaxes. En caso de non cumprir este requisito, os traballos non serán avaliados.

-Recoméndase que vaiades ensinando á profesora os traballos segundo vaiádelos facendo, desta forma poderanse ir realizando correccións que vos axudarán a que os traballos sexan valorados positivamente o día da presentación final.

En caso de non presentar os traballos, ou si estes son avaliados negativamente, o alumno deberá presentarse ao exame final na data indicada

MATERIAL PARA PREPARAR O EXAME.
Algunhas partes estudaranse polo libro de texto. Outras partes por apuntamentos que se poderán pedir en conserxería. (Solicitar apuntamentos de pendentes, porque tamén hai apuntamentos do curso actual que non son iguais). Tamén tedes información de todos estes temas no blog http://culturaaudiovisualadormideras.blogspot.com/.
A COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL (apuntamentos conserxería).
A IMAXE. Libro de texto (da páxina 25 á 35 – non incluído o apartado 4 da páx. 35-)
A COMPOSICIÓN- PARTE 1- Libro de texto (pág 43 a pág 53). PARTE 2 E PARTE 3 (apuntamentos en conserxería).
FOTOGRAFÍA PARTE 1-A historia da fotografía (libro de texto páx. 61 a 65). Apuntamentos en conserxería das partes 2 e 3. PARTE 2: A cámara de fotos. PARTE 3: A exposición fotográfica.
A IMAXE EN MOVEMENTO. O CINE. (Apuntamentos en conserxería). A imaxe en movemento. O cine. Orixe. Xoguetes ópticos. O cinematógrafo. Xéneros cinematográficos. Tipos de planos, angulación e movementos de cámara. O tempo no cine (ritmo e dirección) Unidades narrativas. A montaxe. O guion literario e o guion técnico.


Alumnos con materias pendentes de outros anos. IES Adormideras 2018-19
Materia: Epvav 1º ESO 
Alumnos de 2º
1 Pallas González, Eladio 2ºB Si
2 Prado Croques, Edgar 2ºB Si
3 Troche Fraga, Marcos 2ºB Si
Alumnos de 4º
1 Amaya Jiménez, Cristian 4ºB Si
Materia EPVAV 3º ESO
Alumnos de 4º
1 Amaya Jiménez, Cristian 4ºB Si
2 Chousa Pena, Jacobo 4ºB Si
3 García Catoira, Clara 4ºB Si
4 Nárdiz Varela, Marcos Antonio 4ºA Si
5 Núñez Nivar, Vanifer Daniela 4ºB Si
Materia Cultura Audiovisual I 
Alumnos de 2º
1 Boedo Lema, Simón 2ºC Si
2 Carpintero Bruzos, Brais 2ºC Non
3 Castelo Bujeiro, Uxía 2ºE Non
4 Ferrer Onetto, Pedro 2ºE Non
5 Pérez Plaza, David José 2ºE Non
6 Rodríguez Fermín, Abel de Jesús 2ºE Non
7 Rodríguez Ferreras, Laura 2ºF Non
Materia Debuxo Artístico I 
Alumnos de 2º
1 Arnoso Casal, Isabel 2ºE Si
2 Da Silva Bruzzone, Mariana 2ºE Si
3 Mohamed Castro, Claudia Mina 2ºC Si
4 Rodriguez Ferreras, Laura 2ºF Non
5 Ruiz, Lourdes Anabel 2ºC Si
Materia Debuxo técnico 1 (Carolina Miraz)
                Alumnos de 2º

1 Pacheco Romay, Paula 2ºA Non