PROGRAMACIÓNS

A programación da área de Educación Plástica e Visual da ESO, así como a das distintas materias do Bacharelato Científico e o Bacharelato de Artes, atópase reflectida tanto no Proxecto Didáctico do Departamento de Artes Plásticas como no Proxecto Educativo de Centro. O acceso a dita información está suxeito ao disposto na lexislación vixente.

A lexislación de referencia e os currículos correspondentes poden consultarse no DECRETO 86/2015, do 25 de xuño (DOG Núm. 120 Luns, 29 de xuño de 2015 Páx. 25434), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato da Comunidade Autónoma de Galicia e na RESOLUCIÓN do 15 xullo de 2016 (DOG Núm. 144 Luns, 1 de agosto de 2016 Páx. 33861) pola que se ditan instrucións para a súa implantación, no curso académico 2016/17, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

CONTIDOS MÍNIMOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Os contidos mínimos e os criterios de avaliación de cada unha das materias atópanse incluidos no Proxecto Didáctico do Departamento, deben estar a disposición dos alumnos en todo momento e poden ser consultados mediante solicitude á Xefatura do Departamento.

Para calquera outra consulta relacionada coas materias da LOMCE, os itinerarios formativos e os criterios pedagóxicos poden dirixirse á Xefatura de Departamento.